INICIO

Presentación5
Emocionarte, sentir e crear, educación na natureza é un proxecto alternativo a escola tradicional que desenvolve o seu día a día na natureza.

Búscamos unha infancia feliz, sana, respetuosa, con valores, con equidade de xénero e que será o noso futuro.

Buscamos familias con nenos e nenas de 3 a 6 anos con moitas ganas de mergullarse no rio, de enredarse na espesura dos bosques, de coñecer con profundidade o mundo dos animais e das plantas, de contar historias e cantar cancións onde a natureza son as protagonistas e nos fan tomar consciencia de nós mesmos e do que nos rodea,… 

Queremos ser unha tribu onde a infancia é a protagonista e as familias atopedes un espazo de encontro e aprendizaxe.

Que ofrecemos?

  • Talleres e obradoiros en familia.
  • Actividades extraescolares.
  • Campamentos.
  • Roteiros.
  • E mil actividades máis.

Mirade que ben o pasamos! 🙂

Onde e cando atoparnos?

Andamos por varios concellos da comarca da Ulloa e do Deza. Onde a contorna ambiental é dunha gran riqueza e nos proporcionará infinidade de aprendizaxes e experiencias.

Aquí tendes o programa de actividades do mes de outubro (en breve subímolo).

Vinde a coñecernos e pasaremos un rato agradable! 🙂

Presentación2CONTACTO