SOBRE EMOC!ONARTE

logo

SENTIR E CREAR

QUE SOMOS?

Somos unha asociación educativa na Natureza, sen ánimo de lucro, unha alternativa innovadora para que os nenos e nenas aprendan,potencien as súas aptitudes e desenvolvan aspectos tan importantes coma seu sentido innato de pertenza e respeto á natureza e a tódolos seres vivos que nos rodean, así coma os obxetos que forman parte da nosa vida e do noso entorno.

Noso equipo está formado por persoas cun gran amor á natureza e a infancia, que leva anos traballando neste terreo, tanto dende as artes escénicas coma en escolas infantís, as linguas ou o mundo do entretemento.

Cun desexo único de poder transmitir e compartir esa paixón que nos une no respeto á Natureza e cara todo o que nos rodea.

QUE PRETENDEMOS? 

  • Propiciar o desenvolvemento integral do neno/a a través de experiencias o aire libre e en contacto directo coa natureza.
  • Achegar ó neno/a cara a comprensión do entorno natural, os seus elementos e interrelacións, valorando a súa importancia para a vida.
  • Implicar ás familias e a comunidade no proceso educativo.
  • Formar cidadáns nos valores do respeto, coidado, responsabilidade e aprecio mutuo do medio ambiente.
  • Sensibilizar á sociedade e construir unha comunidade comprometida coa mellora das intervencións dirixidas á infancia nos seus primeiros anos.
  • Promover a educación e a cultura como ferramentas para transformar e mellorar a sociedade.
  • Favorecer o desenvolvemento integral de tódolos/as involucrados/as, fomentando nenos e nenas seguros de sí mesmos, autónomos e creativos.

QUE OFRECEMOS?

  • ESPAZO DE APRENDIZAXE ACTIVO NA NATUREZA

Esta iniciativa basa seu método educativo na posibilidade que ofrece o espazo aberto, que permite que os nenos/as exploren e experimenten por eles mesmos, desenvolvendo a súa autonomía e aprendendo a resolver os diferentes problemas cos que se van atopando.

As profesionais que acompañamos ós nenos/as somos as persoas que lles dan seguridade, calidez e afecto para que eles se sintan cómodos e capaces de enfrontarse ós seus propios retos superando con éxito, respetando o momento de cada quen, os seus conflictos, dúbidas ou incertidumes.

  • ESPAZO DE APRENDIZAXE ACTIVO NA COMUNIDADE

Crear un espazo de convivencia para as familias e a comunidade dónde se poderán realizar propostas e compartir habilidades ou coñecementos para enriquecer a experiencia no espacio emoc!onARTE, sentir e crear.

IMG_3556

Anuncios